Carnets Conducir

AM

Autoriza a conducir ciclomotores de dous ou tres rodas e cuadriciclos lixeiros.

O condutor deberá ter 18 anos para levar un pasaxeiro, e ademais, o ciclomotor debe estar homologado para dúas prazas.

Idade mínima: 15 anos

Probas a realizar:

Exame Teórico.
Exame de Manobras.

A1

Autoriza a conducir Motocicletas cunha cilindrada máxima de 125 cm3, unha potencia máxima de 11 quilowatts e unha relación potencia/masa igual ou inferior a 0,1 quilowatts/quilogramo e triciclos cuxa potencia máxima non exeda de 15 kw.

A obtención do permiso da clase A1 implicará a concesión do da clase AM.

Idade mínima: 16 anos.

Probas a realizar:

Exame Teórico (en caso de non ser titular do Permiso B).
Exame Teórico Específico.
Exame de Manobras.
Exame de Circulación.

A2

Autoriza a conducir motocicletas cunha potencia máxima de 35 kw e unha unha relación potencia/peso máxima de 0,2 kW/kg e non derivadas dun vehículo con máis do dobre da súa potencia.

A obtención do permiso da clase A2 implicará a concesión do da clase A1 e AM.

Idade mínima: 18 anos.

Probas a realizar:

Exame Teórico (en caso de non ser titular do Permiso A1 ou B).
Exame Teórico Específico.
Exame de Manobras.
Exame de Circulación.

B

Autoriza a conducir automóbiles até 3.500 kg até 9 prazas incluído o condutor. Poderán levar remolque que non exceda de 750 kg.

Idade mínima: 18 anos * O exame teorico podrá realizarze seis meses antes de cumplir os 18 anos.

Probas a realizar:

Exame Teórico (en caso de non ser titular do Permiso A1 ou A2 ).
Exame de Circulación.

BTP

Requisito:
Estar en posesión do permiso da clase B

Autoriza a concudir vehículos prioritarios cando circulen en servizo urxente:
Ambulancias,  bombeiros, policía, etc.
Vehículos que realicen transporte escolar cando transporten escolares.
Vehículos destinados ao transporte público de viaxeiros: TAXI.

Todos eles cunha masa máxima autorizada non superior a 3.500  kg e até 9 asentos incluído o condutor.

Idade mínima: 18 anos

Probas a realizar:

Exame Teórico (en caso de non ser titular do Permiso B).
Exame Teórico Específico.
Exame de Circulación (en caso de ter unha  antigüidade de 1 ano no Permiso B).