Formacion Bonificada

¿ Que e a Formación Bonificada ?


Un servizo de xestión de axudas para o financiamento dos cursos a través do Sistema de Bonificacións da Seguridade Social. Este sistema permite ás empresas que invisten na formación dos seus empregados descontarse, total ou parcialmente, o importe dos cursos.
Deste xeito os cursos que os seus traballadores realicen poden realizarse sen custo algún. Este crédito é anual e non acumulativo polo que se vostede non o utiliza antes do 31 de Decembro perderá o correspondente ao ano en curso.

¿ Que Empresas poden Beneficiarse ?

Calquera empresa que teña centros de traballo no territorio estatal e cotice polos seus traballadores á seguridade social, independentemente do seu tamaño e localización.

¿ Cal e o importe do que dispón a miña empresa para gastar en formación?

Todas as empresas dispoñen dun crédito mínimo de 420€, pero pode ter unha idea aproximada do seu crédito a través do Simulador da Fundación Tripartita. Adicionalmente tamén se pode optar a realizar Permisos Individuais de Formación ( PIF ), dentro da xornada laboral do traballador. As horas destinadas a PIF para a empresa, nun ano académico, son 200 ata 8 Traballadores e 400 a partir de 8.